As Furnias 2010 está elaborado con un 40% de Brancellao, un 30% de Caiño Longo, un 15% de Sousón e un 15% de Espadeiro.

A uva chega a bodega en caixas de plástico de 18 Kg, onde é seleccionada e separada de calquer bago deteriorado.
Estes acios veñen despalillados e estrullados, pasando ó despósito de fermentación. A saida da despalilladora veñen seleccionados os raspóns mais maduros, para pasar tamén ó depósito onde aportaran de maneira natural tanino ó viño. A súa presencia axudará tamén no momento de prensar, xa que so utilizamos prensas verticais manuais. O uso deste sistema de prensado permite obter viños mais limpos e elegantes, así como unha rotura mínima de pepitas ó ser imposible exercer grandes presións.
O viño ferve en semprecheos de aceiro inoxidable e cubas de carballo, onde é remontado as mañas e bazuqueado as noites. A fermentación comeza de maneira espontánea coas propias levaduras e mantense sobre uns 10 días a unha temperatura media de 32º C

O viño pasa o inverno en aceiro e carballo, sen ser sulfitado, para facer a fermentación maloláctica de maneira natural en primavera. Una vez terminada esta segunda fermentación o viño ven trasegado e sulfitado, e continua o seu paso por madeira ata acadar o grado exacto para as nosas variedades.
A estabilización do viño ocorre de maneira natural co frío do inverno e o paso por barrica, sendo só afinado no final cunha lixeira clarificación con clara de ovo, que precipita ós 10 días ó fondo do depósito.

As furnias non se filtra. As furnias non contén ningún tipo de aditivo mais que o sulfuroso para a súa conservación.

ALÍTICA AS FURNIAS 2010

º Alcohólico 12.8º
Azúcares residuales 0.8 g/l
Acidez total 5,5 g/l ac. tartárico
Acidez volátil 0,5 g/l ac. Acético
SO2 35 mg/l
pH 3,86
Extracto seco 34,4 g/l